Clases de Ioga Tibetano

Chega un novo curso, e moitas de vós quereredes facer e probar cousas novas… como o Ioga 
E por iso, a partir de setembro comezamos coas aulas regulares de Ioga Tibetano no local da asociación ” En El Séptimo Cielo”,  na Porta do Sol 10, 7º, (Vigo), enfrente do Dinoseto, nun horario pensado tanto para veciñ@s da zona como para @s traballador@s da zona e para quen se queira achegar.

Estiramentos, series enerxéticas, meditacións e respiracións para tomar Consciencia, disfrutar da Vida, do Ioga, e sobretodo, para comezar ben o día.
A partir do martes, 5 de setembro, alí estaremos, esperándovos .

Renato.

 

Please follow and like us:
This entry was posted in Portada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *